XEOGRAFÍA DE ESPAÑA (2º BAC): Diversidade hídrica e bioxeográfica
Categorías: Bioxeografía, Hidroloxía, XEOGRAFÍA | Xaneiro 16th, 2012 | Quique Hervésby Quique Hervés | no comments
Algúns termos xeográficos sobre hidroloxía e bioxeografía
Categorías: Bioxeografía, Hidroloxía, XEOGRAFÍA | Xaneiro 16th, 2012 | Quique Hervésby Quique Hervés | no comments
Algúns termos xeográficos sobre hidroloxía e bioxeografía
Categorías: 04 Idade Contemporánea, HISTORIA | Decembro 4th, 2011 | Quique Hervésby Quique Hervés | no comments
Categorías: 04 Idade Contemporánea, HISTORIA | Decembro 1st, 2011 | Quique Hervésby Quique Hervés | one comments
Este breve documental foi dirixido en 1936 por Pare Lorentz e contou coa colaboración na banda sonora do músico Virgil Thomson, un grande afeccionado coma el da música popular (folk e relixiosa) das grandes chairas norteamericanas. O filme contou co financiamento do goberno estadounidense a través da Resettlement Administration, unha das numerosas axencias federais creadas ao abeiro do New Deal durante o primeiro mandato de F.D. Roosevelt (1933-1937) para combater os efectos da Gran Depresión.
Ao tempo que, como era de agardar, reinvindica a a bondade das políticas rooseveltianas para a agricultura e o mundo rural, o documental amosa os efectos económicos, medioambientais e sociais do desenvolvemento incontrolado do monocultivo cerealeiro na rexión das Grandes Chairas. A comezos da década de 1930, a suma dunhas prácticas agrícolas intensivas, os tradicionais fortes ventos da área e unha seca prolongada xerou a Dust Bowl (a Cunca de Po), unha ampla área (uns 400.000 Km2) afectada por constantes tormentas de po producido pola erosión dos solos. As terras tornaron ermas, centos de milleiros de familias perderon as súas granxas e tiveron que deixar os seus fogares en Oklahoma, Colorado, Novo México ou Texas na procura de traballo e sustento. A maioría dirixiuse cara California e outros estados da costa Oeste onde atoparon unhas moi precarias condicións de vida e traballo. A súa epopea inspirou dúas excelentes novelas de John Steinbeck, De ratos e homes (1937) e As uvas da ira (1939), base da maxistral película homónima de John Ford, estreada en 1940.
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE:
PARA CONTEXTUALIZAR: unha liña do tempo en TIMERIME sobre a Great Depresion e o New Deal
Categorías: Climatoloxía, XEOGRAFÍA | Novembro 29th, 2011 | Quique Hervésby Quique Hervés | no comments
A latitude, a posición, o relevo e o influxo do mar unidos aos efectos variables da circulación xeral atmosférica inciden de xeito diverso ao longo e ancho do territorio español influíndo nos diferentes elementos do clima. Conseguintemente, o territorio español caracterízase por unha gran diversidade de situacións meteorolóxicas e pola presenza de diferentes dominios climáticos.
1.-Factores e elementos do clima.
2.-Mapas do tempo e situacións meteorolóxicas.
3.-Os dominios climáticos.
Categorías: XEOGRAFÍA, Xeomorfoloxía | Novembro 29th, 2011 | Quique Hervésby Quique Hervés | no comments
O relevo español caracterízase pola súa diversidade e complexidade. As diferentes formas de relevo hoxe existentes son o resultado dunha longa evolución xeolóxica na que incidiron tanto unha serie de procesos internos vinculados á tectónica, xeradores do relevo, como os axentes externos, que o modelaron e transformaron. As formas de relevo resultantes caracterízanse por unha enorme variedade litolóxica, morfoestrutural e topográfica.
1.-Introdución:
2.-Evolución xeolóxica.Relevo 02 evol
Categorías: 04 Idade Contemporánea, CIENCIAS SOCIAIS, HISTORIA | Outubro 8th, 2010 | Quique Hervésby Quique Hervés | no comments
CANDEIRA CARBALLIDO, Marta: Os irmáns Barcia, caucheiros e filántropos, Ed. Grupo de Comunicación «Galicia en el Mundo», col. Crónicas de la Emigración, Vigo 2010, 56 páxs. + XXXIII (apéndice fotográfico).
Hai uns días coñecín a través dun artigo aparecido na edición galega do xonral EL PAÍS a publicación deste libro de Marta Candeira Carballido, sobre este trío máxicoa figura referencia da publicación deste libro de Marta Candeira Carballido.
Categorías: Sen clasificar | Xuño 16th, 2010 | Quique Hervésby Quique Hervés | no comments
Onte, 15 de xuño de 2010 e más de 38 anos despois de que aqueles feitos acontecesen, publicáronse as conclusións da chamada Saville Inquiry sobre os sucesos do Bloody Sunday de Derry. Aquel 30 de xaneiro de 1972, unha marcha masiva organizada pola NICRA (Northern Ireland Civil Rights Association, próxima aos sectores moderados do nacionalismo republicano) en defensa dos dereitos da minoría católica do Ulster, rematou cun baño de sangue cando os soldados dun rexemento de paracaídistas do exército británico dispararon contra os manifestantes. O resultado foi tráxico: catorce mortos e doce feridos.
A primeira investigación oficial sobre os sucesos, ordeada polo prémier conservador Edward Heath e levada a cabo polo tribunal presidido polo xuiz John Widgery, exculpara ás tropas británicas facéndose eco dos argumentos dos mandos militares, que insistían en que os soldados responderan aos disparos realizados por francotiradores do IRA. Sen embargo, xa daquela, as súas resolucións foran obxecto de fortes criticas. Só o comezo do proceso de paz no Ulster permitiu que se púxese en marcha un novo inquérito sobre aqueles feitos. En 1998, as demandas do nacionalismo republicano sobre a apertura dunha investigación pública sobre o Bloody Sunday foron atendidas polo primeiro ministro británico Tony Blair. Un novo tribunal, presidido por Lord Saville e do que formaban parte outros tres prestixiosos xuristas non británicos procedentes doutros países da Commonwealth. Logo de oír numerosas testemuñas incluíndo manifestantes, veciños do Bogside, soldados, xornalistas, políticos, … O Saville Inquiry pechouse concluíndo que a acción das tropas británicas estivo completamente inxustificada: os soldados non estiveron ameazados en ningún momento e foron os primeiros en disparar. Polo tanto, sería posible un procesamento por asasinato dos soldados executores e dos mandos militares responsables daquela matanza. Ata ao novo primeiro ministro británico, o conservador David Cameron, non lle quedou outra que condenar a actuación dos paracaídistas británicos naquela ocasión.
MÁIS INFORMACIÓN en The Guardian e o texto do Saville Inquiry
Categorías: 04 Idade Contemporánea, HISTORIA, Sen clasificar | Xuño 14th, 2010 | Quique Hervésby Quique Hervés | no comments
No portal do Proxecto Interuniversitario VOCES E NOMES pódese visitar esta interesante exposición virtual que pretende lembrar o gran labor levado a cabo por moitas mulleres progresistas nos eidos cultural, político, sindical… na Galicia da Segunda República e as diversas dimensións da represión de que foron obxecto durante a Guerra Civil e o franquismo.

Gravado de Sara Lamas que forma parte da exposición
Categorías: 04 Idade Contemporánea, HISTORIA | Abril 30th, 2010 | Quique Hervésby Quique Hervés | no comments
O Islam foi, dende o seu nacemento ala polo século VII da nosa era, un fenómeno relixioso con fondas implicacións culturais e políticas. Hoxendía representa, se o medimos polo número de crentes declarados, a segunda relixión a nivel mundial. A súa visibilidade neste mundo globalizado é indiscutible, asi como a súa presenza en moitos dos máis graves conflitos do presente.
Por outra banda, na historia do mundo musulmán foi recorrente a aparición de movementos político-sociais que, no nome do Islam, cuestionaron os poderes establecidos e reclamaron a institución y reclamaron a institución dunha nova orde social e política inspirada no Corán e a Sunna. Esta tradición integrista e/ou fundamentalista tomou novo pulo a partir da década de 1970. Dende aquela, os múltiples e diversos actores que configuran a complexa e confusa nebulosa islamista convertéronse na máis seria ameaza para a estabilidade política dos réximes dos Estados de maioría musulmana, para os intereses occidentais en áras decisivas dende o punto de vista económico e xeoestratéxico (Próximo Oriente, Asia Central) e mesmo para a seguridade das súas poboacións civís.
No noso país, como na maioría do mundo occidental, a imaxe do Islam e dos movementos islamistas ofrecida polos medios de comunicación e moitas instancias políticas é, agás nuns poucos caos, un compendio de tópicos, medias verdades e grandes erros. Aínda que non debamos desprezar as evidencias. Sin desprezar os feitos que contribuíron a xerar este triste retrato (terrorismo, desprezo polas liberdades individuais, somentemento legal e físico da muller…), debemos ofrecer
muchas de las evidencias que han contribuido a generar ese triste retrato, pretendemos ofrecer unha análise máis precisa e rigorosa destas realidades.
Lei e xurisprudencia islámicas
LIGAZÓNS: Crisis Group , Time
Categorías: CIENCIAS SOCIAIS, HISTORIA, IN MEMORIAM, SOCIOLOXÍA | Abril 5th, 2010 | Quique Hervésby Quique Hervés | no comments
TILLY, Charles; WOOD, Lesley J.: Los movimientos sociales, 1768-2008. Desde sus orígenes a Facebook, Ed. Crítica, col. Libros de Historia, Barcelona, 2010.
NA MEMORIA DE CHARLES TILLY (1929-2008):
-Video-fragmentos dunha entrevista realizada por Daniel Little na Universidade de Michigan en 2007
-Completa biografía na WIKIPEDIA.
-Tributes to Charles Tilly
-Necrolóxica en EL PAÍS
-Entrevista en THE GUARDIAN.
-Charles Tilly Weblog.